Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

Banco de España comprometeuse a tornar accesible o sitio web da Autoridade Macroprudencial Consello de Estabilidade Financeira (AMCESFI) nos termos do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio https://www.amcesfi.es/

Estado de conformidade

Este sitio web cumpre parcialmente co RD 1112/2018 por mor das excepcións e da falta de conformidade dos aspectos indicados a seguir.

Contido non accesible

O contido recollido a seguir non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co RD 1112/2018
    • Podería haber erros de edición nas páxinas web e nos documentos finais, aínda que se está a traballar para melloralos. En concreto, podería haber determinados erros ou limitacións nalgunhas páxinas ou aplicacións que conteñen imaxes, gráficos ou táboas complexas, ou nalgunhas funcionalidades das ferramentas de visualización de datos.
  • Carga desproporcionada
    • Non aplica

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 10/02/2026.

O método utilizado para preparar a declaración foi unha autoavaliación efectuada polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 18/03/2026.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), como por exemplo:

  • informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora verbo da accesibilidade do sitio web

A través do formulario electrónico ou contactando co Centro de Atención ao Usuario no teléfono +34 91 338 6666.

Pode presentar:

  • unha queixa sobre o cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018 ou
  • unha solicitude de información accesible sobre:
    • contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, sección 4
    • contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

Na solicitude de información accesible, cómpre precisar claramente os feitos, os motivos e a petición que permitan verificar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Ligazón ao procedemento de solicitudes de información accesible e queixas do artigo 12 do RD 1112/2018.

As comunicacións, solicitudes e queixas verbo da accesibilidade destes sitios web serán recibidas e xestionadas pola División de Transparencia do Banco de España.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta é desestimada, non se concorda coa decisión adoptada, ou a resposta non cumpre cos requisitos recollidos no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Tamén se pode iniciar unha reclamación unha vez decorrido o prazo de vinte días hábiles sen recibir resposta.

Ligazón ao procedemento de reclamacións do artigo 13 do RD 1112/2018.

As reclamacións sobre accesibilidade dixital deste sitio web serán recibidas e tratadas pola Dirección Xeral de Relacións Institucionais, Europeas e Transparencia.